Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.664

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (780/2000).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 780/2000 por instancia de Antonio Rumbo Mallo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, TXSS, Ibermutuamur, a empresa Maderas García Presedo, S.L., sobre accidente enfermidade, nos que recaeu sentencia en data 25-2-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo que desestimando a demanda promovida por Antonio Rumbo Mallo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ibermutuamur e a empresa Maderas García de Presedo, S.L., debo absolver e absolvo os demandados de tódolos pedimentos contidos naquela.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgodo do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Maderas García de Presedo, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, vintenove de abril de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado