Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.663

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (804/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico:

Que neste xulgado se seguen autos nº 804/2001 por instancia de María del Carmen Bermúdez Pérez, contra a empresa Croche Coruña, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data 21-3-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por María del Carmen Bermúdez Pérez contra a empresa Croche Coruña, S.L. debo condenar e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.057,55 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previa

mente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60804-2001 do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Croche Coruña, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 30 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado