Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.663

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (359/1990).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso contencioso-administrativo 02/000359/1990, seguido

por instancia de Faro de Vigo, S.A., contra resolucións do Consello da Xunta de Galicia do 16-12-1989 e 25-1-1990, sobre adxudicación provisional de 26 emisoras de ondas métricas con modulación de frecuencia en Galicia, acordouse librar este edicto con fin de lles notificar a Antena 3 Radio e Antena 3 Radio de Galicia, en debida forma, a sentencia dictada por esta sala en data do 27 de marzo de 2002 e que ten a seguinte decisión xudicial:

«Que, estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo, interposto por Faro de Vigo, S.A., contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16-12-1989, sobre adxudicación provisional de 26 emisoras de ondas métricas con modulación de frecuencia na Comunidade Autónoma de Galicia e contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25-1-1090, desestimatorio do recurso de reposición formulado contra o mencionado do 16-12-1989, e en consecuencia, debemos anular e anulamos en parte os actos impugnados en canto ás concretas adxudicacións afectuadas en favor de Antena 3 de Radio, S.A., Antena 3 de Radio Galicia, S.A., e Ondas Galicia, S.A., sen facer imposición das custas.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ó representante legal de Antena 3 Radio, S.A. e Antena 3 de Radio Galicia, S.A., con domicilio descoñecido e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, libro e expido este edicto na Coruña o 30 de abril de 2002, solicitándolle que unha vez que se atope publicado, envíe copia á secretaría desta sala».

A secretaria

Rubricado