Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.663

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO de notificación (4573/1998).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dou fe e certifico que no recurso 4573/1998, seguido por instancia de Turihost, S.L., contra resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 9-12-1997, pola que se desestima o recurso ordinario AC-0380/96, interposto contra outra da Delegación Provincial da Coruña do 15-4-1997, pola que se impuxo a sanción de 50.000 ptas., dictouse, con data 14-2-2002, sentencia que na súa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que debemos desestimar e desestimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Turihost, S.L., contra resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 9-12-1997, pola que se desestima o recurso ordinario AC-0380/96, interposto contra outra da Delegación Provincial da Coruña do 15-4-1997, pola que se impuxo a sanción de 50.000 ptas., sen facer imposición das custas.

Esta sentencia non é susceptible de recurso ordinario de casación do artigo 86 da LXCA de 1998».

E para que conste e para a súa notificación ó representante legal de Turihost, S.L., que tivo como último domicilio coñecido o da rúa Boiro, 6-4º C de Santiago de Compostela, expido e asino este edicto na Coruña o vintenove de abril de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado