Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.662

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica, a Ramón Manuel Yáñez Brage.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 6 de xullo de 2001 (BOE do 28 de xullo), para a provisión da praza

número 01/027 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica desta universidade, a favor de Ramón Manuel Yáñez Brage, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ramón Manuel

Yáñez Brage profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica, desta universidade.

A Coruña, 14 de maio de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA

DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)