Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.662

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 19 de febreiro de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, anunciada pola Orde do 19 de febreiro de 2002.

Segundo.-Adxudicarlles destino no posto de traballo que se indica ós funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-A xefatura de persoal do centro onde causen altas os funcionarios realizará, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas daráse traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de resposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación e código do postoDependenciaLocalidadeGrupoNivelCorpo ou escalaApelidos e nome

Nº de rexistro de persoal

Secretaría provincial

ED.C99.10.000.15001.036

Delegación ProvincialA CoruñaA28Superior da XuntaFernández Mosquera Sande, Natalia

32.769.664.46.A2060

Subdirectora xeral de Centros

ED.C04.00.002.15770.001

Dirección Xeral de Centros e Inspección EducativaSantiago de CompostelaA30Superior da XuntaPérez Fernández, María Eugenia

76.988.558.35.A2060

Subdiretor xeral de Ordenación Educativa

ED.C05.00.002.15770.001

Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación ProfesionalSantiago de CompostelaA30Profesor de ensino secundarioGraña Carrodeguas, José

A47EC003680

Subdirector xeral de Promoción e Ensino da Lingua Galega

ED.C07.00.001.15770.001

Dirección Xeral de Política LingüísticaSantiago de CompostelaA30Profesor de ensino secundarioPombo Mosquera, Xosé Antonio

A33EC1136892368