Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 57/2001 BOD, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do seu contido, notifícaselle a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador nº 57/2001 BOD, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 11 de abril de 2002.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: nº 57/2001 BOD.

Denunciado: Santiago Arias Alonso.

Último domicilio coñecido: rúa Rosario, nº 10, concello de Vigo.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido:-Artigo 2.2º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 3, anexo capítulo I, punto 2, capítulo II 1 a), b), c), capítulo IX punto 3, capítulo X do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 12 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: artigo 35.A) 1º da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.

Sanción imposta: 450,76 euros.