De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido desta, notifícaselle o inicio de expediente sancionador nº 7/2002 MAN, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar alegacións antes esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 11 de abril de 2002.
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: nº 7/2002 MAN.
Denunciada: María Mercedes de la Iglesia Vilán.
Último domicilio coñecido: praza de Mario Puentes, nº 6, Patos-Panxón, Nigrán (Pontevedra).
Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.
Precepto infrinxido:-Artigo 2.2º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.
Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.
Sanción imposta: 150 euros.