Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Álabe-Terral, nos concellos de Abadín e Mondoñedo (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 23 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Álabe-Terral, nos concellos de Abadín e Mondoñedo (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Parque Eólico Álabe-Terral. Proyecto. Mayo 2000.

-Parque Eólico Álabe-Terral. Estudio de impacto ambiental.Junio 2000.

-Parque Eólico Álabe-Terral. Anejo al Proyecto Básico. Julio 2000, que contén aclaracións a cuestións formuladas pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo.

-Estudio de accesos. Parques eólicos 1ª, 2ª, 3ª y 4ª fase.

-Estudio valorativo de los posibles impactos acumulativos o sinérgicos.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e documentación complementaria, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque Eólico Álabe -Terral, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 27,75 MW de potencia total nos concellos de Abadín e Mondoñedo (Lugo), constituído por 37 aeroxeradores modelo NEG-MICON NM 750/44-48 de 750 kW de potencia unitaria, dispostos en tres agrupacións na serra do Xistral, dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

624.2034.811.671

625.0774.811.395

625.0604.810.802

625.9994.810.071

624.8574.809.147

623.0674.810.160

622.1694.811.124

622.1794.811.220

622.3154.811.374

623.5784.810.802

Atendendo ó exposto no punto 7 desta DIA, non se poderán levar a cabo, na zona prevista, as obras de implantación dos aeroxeradores T-1201 ó T-1205

e as súas infraestructuras asociadas, incluíndo o centro de media tensión MTT-1.

Os anteditos aeroxeradores, xunto coas súas infraestructuras asociadas, poderán ser relocalizados noutras posicións alternativas dentro da poligonal reflectida nesta DIA, sempre que nas novas localizacións se garanta a protección dos valores ambientais existentes, con especial atención ós hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario e os elementos do patrimonio cultural. A localización e coordenadas UTM destes aeroxeradores, así como a disposición das súas infraestructuras asociadas establecerase, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e con informe favorable a documentación requirida no punto 11.1 da DIA.

Respecto das restantes infraestructuras e instalacións previstas no parque, dado que a súa localización podería variar á vista da documentación requirida no punto 11.1 da DIA, a localización proxectada ten carácter provisional, establecéndose con carácter definitivo, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e con informe favorable a documentación requirida no antedito punto da DIA.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos Parque de Terral. Infraestructuras. Áreas de investigación e implantación. 1TEACC 0020 e Parque de Terral. Planta general de zanjas. 1TECAE 0011, do estudio de impacto ambiental, agás para o que se derive do cumprimento do indicado nos parágrafos anteriores.

As coordenadas UTM dos 32 aeroxeradores con posicións definidas, con carácter provisional tendo en conta o antedito, son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

T-1206623.0154.810.729

T-1207623.1174.810.663

T-1208623.2374.810.651

T-1209623.3914.810.534

T-1210623.5144.810.512

T-1211623.6904.810.490

T-1212623.8154.810.342

T-1213623.9164.810.270

T-1214623.9914.810.170

T-1215624.0654.810.075

T-1216624.2074.810.015

T-1217624.0964.811.003

T-1218624.2104.810.964

T-1219624.3154.810.907

T-1220624.3504.810.792

T-1221624.4774.810.711

T-1222624.6744.810.633

T-1223624.8154.810.608

T-1224624.9234.810.557

T-1225625.0134.810.478

T-1226625.1164.810.415

T-1227625.2294.810.374

T-1228625.3484.810.357

AeroxeradorUTM XUTM Y

T-1229625.4554.810.303

T-1230625.5694.810.268

T-1231625.6754.810.212

T-1232625.7714.810.141

T-1233624.1964.811.433

T-1234624.3104.811.392

T-1235624.6004.811.384

T-1236624.7654.811.297

T-1237624.8714.811.217

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Durante a fase de obras procederase, nos períodos de seca, á humectación continua dos viais e das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po. Así mesmo, os camións de transporte de terras irán cubertos con lonas.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, nos puntos de control propostos no estudio de ruídos incluído no estudio ambiental.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga precisará da autorización de Augas de Galicia, segundo se establece no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

Realizarase un control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe artificial (tanto transversais como lonxitudinais) e das condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, co fin de comprobar que non se producen alteracións no réxime hídrico preexistente e verifica-la eficacia das medidas correctoras propostas no estudio ambiental.

A achega das augas das drenaxes transversais e lonxitudinais á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas ós cursos naturais.

Extremaranse as precaucións na execución das obras nas zonas de afección potencial á rede hidrolóxica, tanto directas como indirectas e por acondicionamento, debendo contar coa supervisión directa do equipo de seguimento ambiental durante a súa realización.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e terraplén resultantes da execución das vías, así como das plataformas de montaxe, foxos, zona da subestación e centros de media tensión, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non se acumularán terras, entullo, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais ou áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulta afectada, tanto na fase de obras como na de funcionamento levarase a cabo o plan de control da calidade das augas proposto no estudio ambiental.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Procederase á delimitación das distintas zonas de obra, mediante un balizado que se manterá en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento. A circulación de vehículos e maquinaria no parque restrinxirase ós viais.

Na realización das voaduras disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas ou lonas) que impidan a proxección de fragmentos de rocha ó contorno. En calquera caso, se estos se producisen, deberán ser retirados da zona.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se trala finalización das obras existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en lugar autorizado por órgano competente. Así mesmo, no caso de precisar materiais de préstamo, deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada, indicando a localización, extensión e volume do préstamo que se vai efectuar.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga, zona

hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, e tendo en conta o indicado na DIA do parque eólico Álabe-Labrada, respecto do seu uso conxunto para estes dous parques.

No caso de deterioración das vías ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido os labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos xerados, tanto na fase de obra como nas de funcionamento e abandono do parque, serán xestionados conforme á súa natureza, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Neste senso, primarase a reciclaxe ou reutilización fronte a vertedura.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (non autorizada para circular por estradas, por exemplo), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, a zona debe quedar totalmente limpa, procedendo á retirada e xestión de tódolos residuos da obra.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

En tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse na caseta anexa á subestación.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores, tanto deste parque como os do seu contorno.

A este respecto, levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, así como unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos restantes parques

contemplados no documento Estudio valorativo de los posibles impactos acumulativos o sinérgicos. Neste senso, o plan de seguimento de aves debe ser completado no seu contido, de acordo co requirido no punto 11.4 desta DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes. Respecto do acivro (Ilex aquifolium), haberá que aterse ó indicado na Orde do 10 de decembro de 1984, sobre a protección desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia.

Calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización ou informe, segundo o caso, do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se establece na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Para tal fin, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de vías, execución de cimentacións, explanacións e gabias do cableado, realizarase un seguimento continuo en campo por parte do equipo de seguimento ambiental do proxecto, co obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas no estudio ambiental como as establecidas nesta declaración.

A dirección de obra disporá dos planos de distribución dos hábitats de interese comunitario e áreas a preservar, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección. Así mesmo, estas zonas deberán ser balizadas previamente ó inicio das obras para evitar calquera posible afección.

En ningún caso realizaranse incisións nas áreas con formacións turberiformes e áreas hidromorfas, evitando a modificación das súas condicións de hidromorfia, polo que nas zonas onde a vía discorra sobre este tipo de formacións, deberá ser executado por compactación, empregando xeotéxtil na base e minimi

zando ó máximo o movemento de terras e a ocupación do solo.

Así mesmo, tendo en conta que na fase de funcionamento poderá quedar habilitado só unha vía de acceso ó parque, deberá presentarse un proxecto de restauración, ó estado previo ó inicio das obras, das demais vías que sexan empregados como acceso principal ó parque durante a execución da obra, de acordo co requirido no punto 11.1 da DIA.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, quen a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

Así mesmo, deberán adoptarse medidas que compensen a afección producida como consecuencia da implantación do proxecto, conforme o requirido no punto 11.5 desta DIA.

7. Protección do patrimonio cultural.

Tendo en conta a excepcionalidade, tanto polo seu carácter único en Galicia como pola súa abundancia, do rexistro arqueolóxico detectado na zona de importancia arqueolóxica denominada Pena Montrol, non se poderán levar a cabo as obras previstas na antedita área, que comprenden a instalación dos aeroxeradores T-1201 ó T-1205 e tódalas súas infraestructuras asociadas, incluíndo o centro de recollida de media tensión MTT-1.

No referente ás obras previstas nas demais zonas de importancia arqueolóxica establecidas na área do parque, denominadas Curro do Bispo, Coto Cal, Pastizal 1 e Pastizal 2, que comprenden as restantes infraestructuras e instalacións proxectadas, co fin de evitar posibles afeccións ó importante rexistro arqueolóxico presente, establécese unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun radio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado.

A realización de calquera tipo de obras nas anteditas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Deberá realizarse un programa de corrección do impacto arqueolóxico, que incluirá as medidas correctoras recollidas no estudio ambiental e as actuacións arqueolóxicas necesarias para completa-lo estudio arqueolóxico desta área (sondaxes arqueolóxicas previas ó inicio das obras, control e seguimento arqueolóxico...).

Levarase a cabo un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (aquelas obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

Empregaranse cores pouco chamativos e outras mate no acabado dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, telefónicas, etcétera, estarán soterradas, tal como se indica no estudio ambiental.

A caseta de celas anexa á subestación terá a cuberta de tella e o acabado das paredes será de granito, de acordo co indicado no estudio ambiental. Así mesmo, a cor dos centros de transformación integrarase co contorno.

Os afloramentos graníticos (bolos, tors, refuxios...) con interese xeomorfolóxico ou botánico existentes na zona deberán ser preservados, tal como se indica no estudio ambiental.

A este respecto, tendo en conta a abundancia destes afloramentos na zona, segundo se documenta no estudio ambiental, deberá presentarse un estudio valorativo da posible incidencia das infraestructuras e instalacións previstas sobre as devanditas formacións, de acordo co requirido no punto 11.1 desta DIA.

O desenvolvemento do plan de revexetación, conforme avanza a obra, xunto co seguimento da súa efectividade, deberá garanti-la integración paisaxística das restantes infraestructuras do parque eólico.

9. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que indiquen a presencia dos aeroxeradores.

10. Restauración.

Tódolos terreos afectados ou deteriorados pola execución das obras (marxes das vías, foxos, noiros, gabias do cableado, plataformas de montaxe, contorno da subestación e das obras de drenaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser recuperados mediante revexetación, que restitúa a vexetación

autóctona presente na zona e favoreza a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal, garantindo o seu mantemento ó longo do tempo.

Para tal fin, desenvolverase o Plan de recuperación de solos e vexetación incluído no estudio ambiental, realizando un seguimento posterior da súa efectividade, tal como se contempla no plan presentado.

En función da súa natureza, a capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente á ocupación do terreo e amoreado e mantida nas condicións sinaladas no antedito plan de restauración.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o estendido de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

Ó finaliza-las obras dos parques para os que se efectúe o uso común das instalacións de obra, retiraranse as casetas e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

O desenvolvemento dos labores de restauración realizarase conforme avanza a obra e as distintas superficies que se van restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastre de materiais e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Así mesmo, o plan de restauración presentado debe ser completado no seu contido, incluíndo a descrición e valoración económica de tódalas actuacións previstas na fase de desmantelamento e abandono do parque unha vez rematada a vida útil da instalación, tendo en conta os posibles usos futuros da área, de acordo co requirido no punto 11.6 desta DIA.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, no prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Resultados do programa de corrección do impacto arqueolóxico, que incluirá as medidas correctoras recollidas no estudio ambiental e as actuacións arqueolóxicas necesarias para completa-lo estudio arqueolóxico da área na fase previa ó inicio das obras, incluíndo a de replanteo, segundo o indicado ó respecto no estudio ambiental. Así mesmo, este documento conterá os seguintes anexos, tendo en conta a información do estudio ambiental e a achegada polas actuacións arqueolóxicas levadas a cabo no marco do programa de corrección do impacto arqueolóxico:

-Memoria-resumo onde se detallen os cambios que se van introducir, se é o caso, á vista dos resultados do programa de corrección do impacto arqueolóxico.

-Proposta de localización alternativa para os aeroxeradores T-1201 ó T-1205 e tódalas súas infraestructuras asociadas, conforme o indicado no punto 1 da DIA.

-Estudio valorativo da posible afección das infraestructuras e instalacións previstas sobre os afloramentos graníticos de singularidade xeomorfolóxica presentes na área do parque, conforme a información achegada no plano 1TEGEG 0013 do estudio de impacto ambiental, acompañado de reportaxe fotográfica detallada e proposta de localización alternativa de aeroxeradores, centros de media tensión e desvío de vías e gabias do cableado para os casos nos que se detecte afección, de acordo co exposto no punto 8 da presente DIA.

-Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, nunha única folla, no que se reflicta a localización final proposta de tódalas infraestructuras e instalacións previstas no parque, integrando as modificacións que se deriven dos documentos anteriores. Diferenciaranse as vías preexistentes das de nova construcción e aquelas que se van acondicionar, así como os tramos que se executarán por compactación. Para aqueles aeroxeradores que cambien de localización, deberán indicarse as coordenadas UTM das novas localizacións.

-Indicación do vial que quedará habilitado como acceso ó parque na fase de funcionamento, e proxecto de restauración ó seu estado preoperacional (composto por memoria, planos, prego de condicións e orzamento) das restantes vías que sexan empregados como acceso principal durante a execución da obra, segundo o indicado no punto 6.3 da DIA.

Deste documento presentaranse catro (4) exemplares.

Unha vez informada favorablemente por esta dirección xeral a documentación requirida no punto anterior, presentarase:

11.2. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, nunha única folla, no que se reflictan tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo coas modificacións que se deriven do cumprimento do punto anterior, diferenciando as vías preexistentes dos de nova construcción, aqueles que se van acondicionar e os que se executarán por compactación, reflectindo así mesmo a poligonal do parque, accesos, dispositivos de drenaxe transversal e lonxitudinal e, se é o caso, a localización prevista das instalacións de obra.

11.3. Resultados da campaña preoperacional de análise da calidade das augas, conforme o plan de control incluído no estudio ambiental. As analíticas serán efectuadas por laboratorio homologado.

11.4. Addenda ó plan de seguimento da incidencia do parque eólico sobre a avifauna, completando os seguintes aspectos:

-Zonas de nidificación e áreas de campeo das especies de maior valor ecolóxico presentes na área.

-Xustificación do método empregado na definición dos limiares de risco (alerta e inadmisible) por colisión e aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas correctoras específicas.

-Definición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras a adoptar en función das situacións de risco indicadas no punto anterior, ou ante a manifestación de efectos acumulativos e/ou sinérxicos. Contemplarase, entre outras, a estipulación dun período de parada dos aeroxeradores. Describiranse tamén as medidas propostas para a detección de posibles impactos puntuais imprevistos.

-Busca de aves accidentadas por colisión: na selección dos aeroxeradores que hai que revisar terase en conta a súa posición topográfica, posible interferencia coas rutas de paso de aves na área e posición relativa destes no conxunto do parque, seleccionando aqueles que poidan ter unha maior incidencia sobre a avifauna. O número de aeroxeradores revisados non será inferior ó 20% e nas sucesivas visitas incorporaranse novos aeroxeradores ata determina-la posible afección da totalidade destes. Describirase o criterio de selección dos aeroxeradores a revisar e incluirase unha valoración da posible distorsión nos resultados das campañas e na estimación dos índices de colisión polo diferente esforzo de mostraxe, condicións topográficas e climáticas da zona, desaparición de cadáveres por necrófagos e diferente detectabilidade dos cadáveres baixo os aeroxeradores. Indicaranse os factores de corrección a introducir para corrixir posibles desviacións debidas a estes factores.

-Caracterización do paso e movementos de aves na área, independentemente da súa tipoloxía, tendo en conta a información achegada no estudio ambiental e calquera outra que se estime oportuna (revisión bibliográfica ou experiencias noutros parques da zona), comprendendo así mesmo a realización das campañas de mostraxe necesarias para a caracterización da tipoloxía e especies en paso, nº de aves, períodos de paso, altura do voo, traxectoria e sentido dos movementos de aves na zona, achegando unha valoración dos datos obtidos en relación á incidencia sobre a avifauna e os limiares de risco respecto do previsto no estudio ambiental e estudio de sinerxias presentados polo promotor.

11.5. Proposta de medidas compensatorias, segundo o indicado no punto 6.3 desta DIA, considerando os seguintes mínimos:

-Estarán dirixidas, en proporcións comparables, ós hábitats afectados negativamente polo proxecto.

-Localizaranse dentro do mesmo espacio natural.

-Irán encamiñadas a restaurar ou acondicionar hábitats de valores similares ós eliminados ou deteriorados como consecuencia do proxecto.

-A proposta estará integrada por memoria, planos, prego de condicións e orzamento, incluíndo así mesmo un plan de vixilancia específico para comproba-la súa correcta execución e posterior evolución.

11.6. Addenda ó plan de restauración presentado, que inclúa a descrición e valoración económica de tódalas actuacións previstas para o desmantelamento e abandono do parque, composta por memoria, planos, prego de condicións e orzamento, que conteña medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

11.7. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Tras informe por esta dirección xeral do cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicaralle a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo como mínimo 48 horas antes do seu comezo, un cronograma de obras actualizado, contendo tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas no estudio ambiental e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralle a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras de carácter ambiental e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de avance respecto do total. No cronograma figurará a data de actualización.

Con carácter trimestral, presentarase un informe de obras que inclúa:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición. As medicións serán efectuadas por entidade

homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade. Deberá indicarse tamén a velocidade do vento (máxima, mínima, media e desviación típica) durante o período de medición.

b) Resultados do plan de control da calidade das augas, funcionamento dos dispositivos de drenaxe e evolución da rede hidrolóxica, conforme o indicado no punto 3 desta DIA.

c) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, incidencias ou imprevistos acontecidos, resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras (control de eficacia), labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudio ambiental e o establecido na presente DIA, e que reflicta o cumprimento das condicións impostas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e a hora, xunto cun plano de localización.

d) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, onde se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, drenaxes, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias do cableado, subestación, etcétera.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos, resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia proposto no estudio ambiental e o establecido na presente DIA, incidencias ou imprevistos acontecidos, destino dos sobrantes de terras no caso de producirse, xestión aplicada á biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, noiros e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando tamén as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Seguimento ambiental semestral, contado desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento no que sexan obtidos. Deberá indicarse tamén a velocidade do vento (máxima, mínima, media e desviación típica) durante o período de medición.

b) Resultados do plan de control da calidade das augas, funcionamento dos dispositivos de drenaxe e evolución da rede hidrolóxica, conforme o indicado no punto 3 desta DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 desta DIA.

d) Informe, xunto con reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do desenvolvemento do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das drenaxes, vías, noiros, foxos, gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, así como detalle dos controis ambientais efectuados e das incidencias detectadas en relación a tódolos aspectos incluídos na DIA. Nas fotografías indicarase a data e a hora de toma, acompañándoas dun plano de localización.

12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, agás indicación en contra, os contidos do informe descrito no punto anterior.

12.5. Seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos: xunto cos informes de seguimento ambiental, xuntarase un anexo cos resultados do seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, para cada un dos factores estudiados, conforme o proposto no documento Estudio valorativo dos posibles impactos acumulativos ou sinérxicos, indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

12.6. Informe ambiental previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe no que se indiquen as posibles variacións respecto do previsto na addenda que hai que presentar de acordo co punto 11.6 desta DIA, xunto coa súa xustificación.

12.7. Informe posterior ó abandono: no prazo máximo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación,

remitirase un informe que conteña a descrición detallada das accións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Xuntaráselle reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten durante o seguimento ambiental que se vaia efectuar, en calquera das súas fases, impactos non previstos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicaralle a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen llo comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberalle ser notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de cento corenta e sete millóns novecentas vintecatro mil oitocentas oito (147.924.808) pesetas (889.046 euros). O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración, tendo en conta o requirido nos puntos 11.1 e 11.6 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. Esta resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa realizado este trámite.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto denominado Parque Eólico Álabe-Terral. Mayo 2000, promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 37 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Abadín e Mondoñedo (Lugo).

Os aeroxeradores disporanse na serra do Xistral, nas zonas de cumio e ladeira dos montes Penas de Montrol, O Pastizal, Coto Cal, Chao de Serapio e Curro do Bispo, en tres agrupacións localizadas no interior do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

624.2034.811.671

625.0774.811.395

625.0604.810.802

625.9994.810.071

624.8574.809.147

623.0674.810.160

622.1694.811.124

622.1794.811.220

622.3154.811.374

623.5784.810.802

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

-Número de aeroxeradores: 37.

-Modelo: NEG MICON NM 750/44-48.

-Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

-Potencia total instalada: 27,75 MW.

-Altura das torres: 46 m.

-Diámetro do rotor: 44 m.

-Producción neta anual prevista: 73.350 MWh/ano.

-Investimento previsto: 3.698.120.218 pesetas.

A obra civil inclúe a creación de 9.549 m de vías de acceso e servicio ós aeroxeradores e de comunicación con outras fases do aproveitamento eólico na zona, cun largo de rodadura de 4 m, pavimentados con dobre tratamento superficial e dotados de foxos de 0,75 m para a recollida e evacuación de pluviais, que estarán revestidas nos tramos de maior pendente. Prevese a execución de 10.040 m de gabias de conducción do cableado, cun largo máximo de 80 cm. A duración estimada da fase de obras é de nove (9) meses.

O proxecto contempla asemade a construcción dunha subestación transformadora de tensión 20/132 kV, cunha caseta anexa para as celas de tensión e cinco centros de recollida de media tensión que conectarán os aeroxeradores entre si en grupos de 5 a 8, co obxecto de optimiza-lo transporte da enerxía xerada. A evacuación da electricidade realizarase a través dunha liña aérea a 132 kV que será obxecto de proxecto independente, segundo se indica no estudio ambiental. Os labores de control realizaranse desde o edificio de control do parque eólico Álabe-Cuadramón, pertencente á mesma empresa promotora.

Medidas preventivas e correctoras.

Protección da atmosfera.

-Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.

-Realización dun control das emisións de ruído e introducción dun apantallamento en caso necesario.

Protección do solo.

-Disposición das gabias do cableado paralelas e estremeiras coas vías en boa parte do seu percorrido.

-Determinación da localización das instalacións auxiliares de obra utilizando na medida do posible as áreas máis degradadas á vista dun experto.

-Evita-la ocupación das formacións turberiformes e brañas existentes na área do parque eólico ou nas súas proximidades polas instalacións provisionais, así como as chairas de inundación e zonas próximas a fontes ou áreas de captación de auga con contornos de solos hidromorfos.

-En ningún caso se realizará ningún tipo de incisión en áreas coas formacións anteriores, evitando así a modificación das condicións de drenaxe e desecación de brañas.

-Control topográfico dos límites de escavación e reducción do uso de terras de recheo.

-Reducir ó estrictamente necesario o movemento de terras e a ocupación derivada dos labores de obra civil.

-Amoreamento de terra vexetal e outros préstamos cunha altura máxima de 1,5 m e con criterios de mantemento que garantan a conservación das súas propiedades, grao de humidade, especialmente dos solos con horizonte H.

-Humectación continua en tempos de seca, tanto dos amoreamentos como das zonas de explanación.

-Estabilizar inmediatamente os noiros, terrapléns e materiais mobilizados, empregando mallas para evitar desprazamentos.

-Minimiza-la superficie ocupada polas instalacións necesarias durante esta fase.

-Preserva-los afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico ou botánico.

-Adecua-la superficie de ocupación das plataformas eólicas á topografía da zona, e reducir na medida do posible a dita superficie, evitando o sobredimensionamento e aproveitando as vías existentes e os de nova construcción.

-Minimiza-la compactación tanto nas plataformas eólicas como nas zonas non ocupadas directamente polas instalacións, pero que poidan ser empregadas para a manobra da maquinaria.

-Controla-lo diámetro de perforación nas voaduras e evita-lo sobredimensionamento.

-Revexetación de tódalas zonas desprovistas de vexetación, incluíndo noiros pedregosos, segundo o establecido no plan de recuperación de solos e vexetación.

-Control e vixilancia continuado durante a fase de obras, especialmente durante a apertura de vías, construcción das zapatas e instalación dos aeroxeradores.

-Control de eficacia das medidas correctoras adoptadas. No caso de que durante a fase de construcción se comprobase a existencia de formacións que requirisen especial preservación, procederase ó replanteo dos labores de execución de obra civil.

-Acondicionamento e rehabilitación das zonas afectadas, redistribuíndo os amoreamentos procedentes dos movementos de terras, recuperación da morfoloxía superficial, acabado e sustentación de terrapléns, noiros.

Protección da rede hidrolóxica.

-Preserva-las formacións de turbeira existentes nalgúns vales incluídos no polígono do parque ou nas súas proximidades e as augas dos cursos hidrográficos, en especial as do Rego da Fraguela, adoptando as medidas correctoras recollidas para o tratamento dos solos.

-Instalaranse trampas de sedimentos ou mallas para controla-la escorrega, reducirase ó mínimo o uso de materiais de recheo e construiranse foxos amplos.

-Evitar no posible as afeccións a leitos superficiais, restituíndo a achega de caudais ás vertentes orixinais, evitando a aparición de canles de drenaxe.

Protección da vexetación.

-Mante-lo hábitat existente, reducindo de forma sistemática o grao de ocupación e compactación derivado de calquera obra civil.

-Emprego de técnicas adecuadas de roza da vexetación, que favorezan a revexetación polas especies da zona nas áreas afectadas polas obras.

-Preserva-los pés de acivro existentes no interior do polígono do parque e nas inmediacións da vía de acceso.

-Aínda que as instalacións do proxecto non modifican substancialmente as formacións de vexetación de maior valor da zona, deberán terse en conta as medidas correctoras propostas para o solo, co fin de evitar efectos indirectos non desexados.

Protección da fauna.

-Deseño das torres e pas dos aeroxeradores de xeito que diminúen a posibilidade de colisión de aves. Tecnoloxía de control e funcionamento para evita-los episodios de colisión.

-No caso de detectarse un elevado número de colisións, atrasarase a entrada en funcionamento dos aeroxeradores máis conflictivos.

-Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna.

ANEXO II

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite o seguinte informe:

-O parque eólico de Terral localízase entre a conca do río Fraga Vella (ó N) e a conca do río Pedrido (ó S), zona coñecida desde hai anos pola presencia, e elevada densidade, de xacigos arqueolóxicos de finais do Paleolítico Superior e do Epipaleolítico.

-Na zona que abrangue o parque localízanse tanto xacigos arqueolóxicos en abrigos naturais, como en superficie con importantes concentracións de materiais líticos, indicando a presencia de áreas de actividade da época Paleolítica/Epipaleolítica.

-Os traballos arqueolóxicos permitiron establecer, na zona que abrangue este parque, cinco zonas de importancia arqueolóxica (Curro do Bispo, Coto Cal, Pena Montrol, Pastizal 1 e Pastizal 2).

-Os traballos arqueolóxicos permitiron documenta-la excepcionalidade do rexistro arqueolóxico detectado, tanto pola abundancia de xacigos e industrias líticas asociadas, como polo seu carácter de único en Galicia.

Á vista de tódolo anterior, emítese informe:

-Desfavorable das obras proxectadas na zona de Pena Montrol (aliñación de aeroxeradores desde o T-1201 ata o 1205).

-Favorable das obras proxectadas nas outras zonas, coas medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, cos seguintes condicionantes que se van incluír na correspondente declaración de impacto ambiental:

1. Cara a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun radio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

2. Deberá realizarse un programa de corrección do impacto que incluirá as medidas correctoras recollidas no EIA e as actuacións arqueolóxicas necesarias cara a completa-lo estudio arqueolóxico desta área (sondaxes arqueolóxicas previas ó inicio das obras, control e seguimento arqueolóxico,...). O control e seguimento arqueolóxico levarase a cabo durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e logo do inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal de obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

3. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

4. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite o seguinte informe:

O polígono do proxecto inclúese na proposta de LIC denominada serra do Xistral. Esta proposta atópase, na actualidade, no Rexistro Xeral de Espacios Naturais en Réxime de Protección Xeral, establecido así na Orde do 28 de outubro de 1999, prorrogada na Orde do 7 de novembro de 2000.

Esta inclusión produciuse como consecuencia de ser unha zona onde se sitúan importantes valores ambientais, así establecidos na Directiva Hábitat, 92/43/CEE e a Directiva Aves, 79/409/CEE, así como nas trasposicións destas á lexislación nacional.

No estudio presentado determínase a aparición do hábitat prioritario denominado breixeiras húmidas atlánticas meridionais con Erica ciliaris e Erica tetralix. Tamén mencionan que mesturada coa anterior, e sempre no sotobosque dos piñeirais, hábitats de interese comunitario, breixeiras secas.

O devandito parque afecta, pola súa vez, ó predio denominado Fraga Vella, dos termos municipais de Abadín e Mondoñedo, de 704 ha de extensión, propiedade da Xunta de Galicia. A superficie afectada vén supor, aproximadamente, o 35% do total do predio. Non habendo constancia no servicio provincial da solicitude da correspondente autorización para os correspondentes estudios de detalle sobre o terreo.

Da análise do estudio despréndense as seguintes anotacións:

1. O estudio presenta como defecto de forma destacable o relativo á presentación da documentación gráfica, atopándose unha pluralidade de procedencias, carecendo de sinaturas e visados.

2. Hai unha serie de puntos que, se ben non son requiridos na lexislación positiva, se estiman importantes para unha axeitada avaliación dos impactos:

-Contiguo ó presente parque existen e están previstos outros, polo que no estudio ambiental se debería ter en conta a súa existencia para a determinación dos impactos.

-Outro aspecto relevante e non considerado é o relativo ó trazado e afección da liña de evacuación da enerxía xerada. Debemos ter en conta que a consideración en dúas fases minimiza os posibles efectos sinérxicos negativos, nesgándose, por conseguinte a información do estudio.

3. Hai unha serie de carencias na representación da información que teñen importancia para a determinación de impactos, sobre todo na rede de drenaxe:

-Non se presenta un plano detallado de pendentes (clinométrico), escala máxima 1/5.000, cando no plano de clases agrolóxicas se fai clara referencia ás elevadas pendentes.

-Si se fai referencia clara ós dispositivos a colocar nas valgadas e talwegs, nembargantes, non se representan os dispositivos de drenaxe artificial, lonxitudinal e transversal (gabias e bueiros).

-Non se representan mapas actualizados das unidades de vexetación inventariadas, con especial referencia dos hábitats prioritarios e de interese comunitario.

4. Considérase necesario a adopción de medidas que compensen a afección provocada como consecuencia das obras do parque, que deberán cumprir uns requirimentos mínimos:

-Estar dirixidas, en proporcións comparables, ós hábitats afectados negativamente.

-Encravaranse dentro do espacio natural.

-Restaurar ou acondicionar hábitats de valores similares ós eliminados ou deteriorados.

5. As medidas correctoras e protectoras deben quedar definidas a nivel executable, incluíndose nos correspondentes cronogramas e programándose dentro do plan de obra, tendo en conta que a integración ambiental non é un tema menor subordinado á funcionalidade da obra, antes ben o medio é anterior á actuación e é esta a que debe subordinarse a aquel. Así mesmo, deben establecerse os custes e as medidas de xestión correspondentes.

Non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida no estudio, ou ben non sexa proposta na declaración de impacto ambiental. Por outra banda, todas aquelas medidas protectoras ou correctoras propostas no estudio deberán ser consideradas na obra, así como o disposto no Plan de Vixilancia Ambiental.

Finalmente, estimamos que deberá implementarse a planificación, execución e posterior xestión, de

forma que se maximice a compatibilización co medio; tomándose para isto, e entre outras, as medidas suxeridas neste informe.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística do proxecto, que inclúe os seguintes puntos: consideracións previas, localización, descrición e características do territorio afectado e principios normativos nos que se basea o informe.

Nas consideracións finais estiman que a actuación prevista supón un impacto negativo, ó entender que se trata dunha zona de montaña de gran valor complementario para a infraestructura turística de interior e costeira e que os valores naturais e arqueolóxicos fan a zona interesante para un público concreto. Na promoción turística desta zona incídese máis nos valores naturais que nos antropolóxicos ou paisaxísticos, considerando que o absolutamente prioritario é a adopción de solucións que garantan dun modo suficientemente amplo e intenso a preservación dos valores naturais, mediante a análise global das múltiples actuacións que se están a acometer na serra do Xistral.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial de actuación.

-Impacto causado pola ocupación do terreo.

-Residuos.

-Flora e fauna.

-Impacto visual.

-Urbanismo.

-Programa de vixilancia ambiental (ruídos e colisións de avifauna).

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona do parque e un resumo das características do proxecto avaliado, acompañado do seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medi

das protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallo neles, no caso de se producir, prohibíndose o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regos afectados.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción do parque eólico, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

Un condicionante básico a entender desta área, sería que a futura autorización reflectise que a instalación se axustará ó cumprimento do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se co motivo da realización dalgún acceso ou vía con gabia do cableado se produce algún cruzamento cun curso fluvial, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas 29/1985.

En definitiva, ese servicio considera que a instalación do citado parque eólico non produce ningunha alteración de importancia en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construcción e período de explotación, especificadas no presente informe.

Nembargantes, faise indispensable unha correcta execución das vías, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando sobre todo a vertedura accidental de substancias contaminantes.

No caso de que, como consecuencia da explotación deste parque eólico se producisen vertidos ou captacións á rede hidrolóxica, ou cruzamento da rede fluvial, será necesaria a obtención por parte do explotador das preceptivas autorizacións, que se tramitarán, segundo a lexislación vixente, ante o organismo Augas de Galicia.

ANEXO III

Resumo da alegación

Aquilino Botana González, como presidente da xunta rectora do monte veciñal en man común de Estelo, Braña e Toxiza oponse á declaración de utilidade pública do proxecto, indicando que a superficie afectada pola dita instalación afecta os montes veciñais en man común de Estelo, Braña e Toxiza, e non estima a instalación de parques eólicos nos terreos da súa propiedade, debido ós efectos negativos sobre os seus montes, e a que coa actual explotación silvícola se obtén maior rendabilidade, mantendo inalterado o ecosistema.