Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.516

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (52/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 52/2002, seguidos pola instancia de Carmen Bao Vilas e outros contra Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L., sobre despido, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 10-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Carmen Bao Vilas e outros, contra as empresas Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L., debo declarar e declaro improcedentes os despedimentos efectuados os días 2 de xaneiro de 2002, 23 de decembro de 2001 e 31 de decembro de 2001, e asemade declaro extinguida a relación laboral entre as partes, condenando as empresas codemandadas

Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Bo-

ga, S.L., a que, solidariamente, fagan o pagamento as actoras das seguintes cantidades polo concepto de indemnización: a María Carmen Bao Vilas 20.728 euros, a Felicidad Riotorto Lorenzo 20.728,14 euros, a Ana María Abeleira López 20.728,14 euros, a María Teresa Souto Suárez 5.319,82 euros, a Amalia Vieito Parga 15.241,22 euros, a María Isabel Gómez García 18.430,68 euros, a María Jesús Capelán Pazos 1.485,17 euros, a María Dolores Pena Calvete 14.364 euros, a María Mar Grela Calvete 1.509,51 euros, a María Rocío López Grela 6.841,51 euros, a Sonia María Pena Muíño 8.071,03 euros, a Herminia Capelán Pazos 9.665,76 euros, a María Jesús Viña Martínez 7.985,82 euros e a Edelmira Pato González 7.937,12 euros, máis os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data dos despedimentos ata a da notificación da presente resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65; sen estos requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Confecnor, S.A., Norotex, S.A. e Confecciones Boga, S.L. que tiveron seu último enderezo coñecido en Canteira de Eirís, 23, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 10 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado