Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.517

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (706/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 706/2001, seguidos pola instancia de Isidro Vázquez García contra Galfarma, S.L. e outro sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Milagritos Belso, dictou sentencia, na data 25-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a excepción de litisconsorcio pasivo necesario alegada polo codemandado Alfonso

Rodríguez González, e sen entrar a coñecer sobre o fondo do asunto, debo absorver e absolvo o dito demandado dos pedimentos contidos na demanda interposta por Isidro Vázquez García.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia cabe o recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Galfarma, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en San Roque, 10-1ª, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 25 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado