Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.517

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (727/2000 e 24/2001).

Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 727/2000 e 24/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancias de Jesús Rufino Caamaño, contra Promoción de Granjas Complementarias de Terneros Gallegos, S.A. (Terga, S.A.) e Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de cantidade, se dictou, con data do 19 de abril de 2002, sentencia, cunha decisión do teor literal seguinte:

«Acórdanse as rectificacións de erro material da sentencia con data do 10 de xaneiro de 2002, que corrixen a decisión da mencionada resolución nos seguintes extremos: «que se lle debe aboar ó letrado da parte demandante a cantidade de 180,30 euros, que o Fondo de Garantía Salarial debe ser absolto sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle poida corresponder no caso de insolvencia». No demais, mantense a literalidade da sentencia mencionada.

E para que lle sirva de notificación de sentencia a Promoción de Granjas Complementarias de Terneros Gallegos, S.A. (Terga, S.A.), con domicilio na rúa da Rosa nº 33, praza do Ensanche, posto nº 4 Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolle saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días.

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela, 26 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado