Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade (36/2001/00164-0140) e carta de pagamento pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Ribero Álvarez, Vicenta).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade (36/2001/00164-0140) e carta de pagamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo servicio de inspección da delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 15 de maio de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Ribero Álvarez Vicenta.

DNI: 32804489-A.

Lg/ Deán Pequeno, nº 53 p.2 Ribeira.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Período impositivo: 1997.

Expediente: Z-422/2002.

Doc.: 001640140.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA