Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.516

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (172/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e

testemuño de que no xuízo de faltas nº 172/2000 consta de cédula de citación que á letra di:

«Cédula de citación:

O/A maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela acordou citalo a vostede, co fin de que o vindeiro día dezaoito de xullo ás dez e dez horas, asista na sala de vistas número dous, primeira planta, á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber a A'Kos Spiegel que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba dos que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboo de que de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa, e recaer sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Santiago de Compostela, vintecatro de abril de dous mil dous. O axente xudicial. Rubricado».

E para que conste e sirva de citación a A'Kops Spiegel, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado