Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.516

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (153/2002).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 153/2002, que se segue neste xulgado por unha falta contra a orde pública, se acordou citar a Carlos Vega Veiga para que compareza en calidade de denunciado ante a sala de audiencias deste xulgado, sito na praza do concello s/n, primeira planta, o próximo día 5 de xuño, ás 10.50 horas, para a celebración do xuízo, baixo o apercibimento de que se non comparece recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Carlos Vega Veiga, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o sete de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA