Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE CAMBADOS

EDICTO (252/2001).

No xuízo referenciado dictouse resolución co seguinte texto literal:

«Providencia.

Maxistrada xuíza, María Sol López Martínez.

En Cambados, o vintecatro de abril de dous mil dous.

Dada conta, vista a anterior dilixencia, únase o anterior escrito copia do BOP. Transcurrido o prazo legalmente establecido sen que a demandada Sandra Günther, emprazada por edictos, comparecese en autos para contesta-la demanda, declárase en rebeldía (artigo 496 LAC).

Notifíquese a presente á referida demandada por medio de edictos que serán publicados no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia á custa da parte actora. Feita esta notificación non se levará a cabo ningunha outra, agás a que poña fin ó proceso (artigo 497 LAC).

Sinálase para a celebración do xuízo oral o día 8 de xullo ás 13.30 horas, cítense as partes e o Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante este xulgado, non obstante o cal, levarase a efecto o acordado. O recurso deberá interporse por escrito no prazo de cinco días, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, sen os cales requisitos non se admitirá o recurso (artigos 451 e 452 da LAC).

Así o manda e asina S.S. Dou fe. A maxistrada xuíza. Rubricado. O/a secretario. Rubricado».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente notifícase a Sandra Günter para os fins contidos na anterior resolución.

En Cambados, o dezanove de abril de dous mil dous.

O/a secretario/a xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO