Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (100/2002-SU).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co nº 100/2002, se acordou a citación de Perfecto Méndez Pereira mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción nº 100/2002, que se seguen neste xulgado, se acordou citar a Perfecto Méndez Pereira, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 27 de xuño de 2002, ás 10 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto, que asino na Coruña o 29 de abril de 2002.

A secretaria

Rubricado