Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (37/2001).

Eu, Alfonso Travado y Lira, secretario xudicial da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda:

Certifico que no rolo de apelación nº 37/2001, que se segue ante esta sección segunda, dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída polos señores Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, Fernando Alañón Olmedo, maxistrado, Juan Manuel de los Ríos Sánchez, maxistrado-substituto, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

Na cidade de Ourense o vinteún de febreiro de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo de menor contía (tercería de dominio), procedente do Xulgado Mixto de Bande, seguidos co número 18/2000, rolo de apelación nº 37/2001, entre partes, como apelante Mª Ángeles Vázquez, representada polo procurador Manuel Baladrón Gómez, baixo a dirección do letrado Francisco Veloso González e como apelado Banco Santander Central Hispano, S.A., representado pola procuradora Sonia Ogando Vázquez, baixo a dirección do letrado Eloy Sotelo Novoa. É relator Abel Carvajales Santa Eufemia. Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decisión. Desestímase o recurso de apelación interposto polo procurador Manuel Baladrón Gómez, en nome e representación de Mª Ángeles Vázquez Álvarez, contra a setencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia de Bande, en autos de xuízo de menor contía (tercería de dominio) nº 18/2000, rolo de apelación nº 37/2001, de data 7 de decembro de 2000, a resolución da cal se confirma nos seus propios termos, impoñéndolle á apelante o pagamento das custas procesuais ocasionadas nesta alzada. Ó lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións ás que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial. Así por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia, Fernado Alañón Olmedo, Juan Manuel dos Ríos Sánchez.

Rubricado