Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-P-2001/088 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, en Caixa Galicia conforme os impresos que se xuntan. De non facelo dentro do prazo sina

lado, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse previo pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 2 de maio de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-P-2001/088.

Denunciado: Luciano Gómez Abal-Fornos, 5 Caldas de Reis.

DNI: 35466626.

Feitos denunciados: pescar nun couto sen permiso e sen licencia de pesca coa cana na man e o cebo dentro da auga, ás 10.50 horas do día 12 de maio de 2001, no río Umia o seu paso por Carballeira, do concello de Caldas de Reis.

Data do acordo da incoación: 21 de agosto de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 12 de decembro de 2001.

Alegacións á proposta de resolución: non presenta.

Feitos probados: pescar nun couto sen permiso e sen licencia de pesca.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 300,51 A (50.001 pesetas).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.

-Expediente: P-P-2001/095.

Denunciado: José María Ben Fernández, San Pedro de Ribeira, Touro (A Coruña).

DNI: 33201528.

Feitos denunciados: pescar nunha zona vedada de pesca. Négase a entega-las artes de pesca. Atopábase coa cana na man e o cebo na auga (culleriña). Feitos acontecidos ás 17.30 horas do día 15 de maio de 2001, no río Deza, ó seu paso por Cirela, no concello de Vila de Cruces.

Data do acordo da incoación: 21 de agosto de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 4 de decembro de 2001.

Alegacións á proposta: non presenta.

Feitos probados: pescar nunha zona vedada de pesca.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia, en relación co anexo II da Orde do 15-2-2001 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 132,22 A (22.000 pesetas).

-Expediente: P-P-2001/144.

Denunciado: Eduardo Lamas Patiño, A Telleira, 31-2º, Vigo.

Feitos denunciados: abandonar un vehículo na canle do río Louro co conseguinte dano para a riqueza piscícola.

Feitos denunciados o día 20 de xullo de 2001, no lugar de Vao, en Areas, parroquia de Sanguiñeda (Mos).

Data do acordo da incoación: 7 de setembro de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 12 de decembro de 2001.

Alegacións á proposta: non presenta.

Feitos probados: abandonar un vehículo na canle do río Louro co conseguinte dano para a riqueza piscícola.

Precepto infrinxido: artigo 34.24º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 601,01 A (100.000 pesetas).