Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-230/2001 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir

do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 10 de abril de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-230/2001.

Denunciado: Lisardo Tatín Velo.

DNI: 34915751-A.

Enderezo: r/ Xeneral Aranda, 3-bis-4º A. Ourense.

Feito denunciado: practia-lo deporte da pesca fluvial, nunha zona vedada ó facelo entre as desembocaduras dos ríos Lama e Enviande.

Feitos constatados o día 7-10-2001, ás 13.55 h no río Miño-encoro de Belesar. Pedrafita. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: art. 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a practica deste deporte por un período dun ano.