Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Textil/Punto, Moda de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Textil/Punto, Moda de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas galegas cunha facturación mínima anual de 1.500.000 euros, que facturen ó menos o 20% fora de Galicia, e teñan establecidos parámetros e estándares de calidade.

Asinan a acta de constitución: María del Carmen González Melero, en representación da compañía mercantil Carmen Melero-Costume, S.L., e cinco persoas máis representando a outras compañías mercantís.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais