Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria do Sindicato Regional Fasga Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o día 30 de abril de 2002, certificado do secretario xeral do Sindicato Regional Fasga Galicia, co visto e prace do seu presidente, onde se recolle o acordo acadado, por unanimidade, do

III Congreso, do devandito sindicato, relativo ó novo domicilio social da referida organización sindical, que queda situado na rúa Gran Vía, 39, entl., Vigo.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais