Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002 relativa á adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, para a subministración e instalación de cortinas, alfombras e complementos para novos espacios do edificio do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 5/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a subministración e instalación de cortinas, alfombras e complementos para novos espacios do edificio do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: dous.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia n.º 48, do 7 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Lote nº 1: 121.501,75 euros.

Lote nº 2: 65.386,04 euros.

Total lotes 1 e 2: 186.887,79 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de maio de 2002.

b) Contratista: Sirvent, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Lote nº 1: 70.887,60 euros.

Lote nº 2: 44.412,69 euros.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

José María García Leira

Presidente