Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (79/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos por nº 79/2002, sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Paola Díez Salvador, contra a empresa Telsat (Teleco,

Servicios Avanzados Telefoni S.L. e Insistel (Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L.), debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante e así mesmo extinguida a relación laboral que unía os litigantes a día de hoxe, condenando á demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 1.441,56 euros en concepto de indemnización e ós salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata esta resolución, que ascenden a 3.437,21 euros.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contado a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra a ela non cabe recurso, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentencia definitiva, que se poderá anunciar dentro dos 5 días seguintes á notificación deste auto, perante este xulgado, de que coñecerá no caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así o acordou e asina S.Sª.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa, expido e asino esta cédula na Coruña.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA