Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de abril de 2002, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01283-O-2001 e seis máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de

Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do Banco Bilbao-Vizcaya Argentaria (BBVA). Transacción 1316. NIF S1511001H. Código da provincia 390005, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 30 de abril de 2002.

María Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto infrinxido-Precepto sancionador-Sanción imposta

PO-01283-O-2001

OR-6903-K

G.C. de Tráfico

Aislantes Chamorro, S.L.

A Batizosa-Vincios, s/n, 36380 Gondomar

Pontevedra

Circular transportando 6 fardos de prospan, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

25-4-2001; 09:30:00; PO-325; 08.000

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990150,25 euros

PO-01390-O-2001

PO-4170-AM

G.C. de Tráfico

Fernando Costas Sotelo

Avda. de Vigo, 10-5º B, 36940 Cangas

Pontevedra

Circular co vehículo indicado que transporta marcos de madeira carecendo da tarxeta de transportes do ano en curso e anteriores. Manifesta o conductor que a mercadoría transportada e propiedade do titular do vehículo. Servicio privado.

27-4-2001; 10:35:00; C-550; 122.00

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990150,25 euros

PO-02091-I-2001

PO-2222-BS

Autorizaciones

Julio Horacio Pouso Paz

Estrada Xeral Caleiro, 90,

36620 Vilanova de Arousa

Pontevedra

Non realiza-lo visado da autorización no prazo fixado pola Administración (21-06-2001). Servicio privado.Artigo 46 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990150,25 euros

PO-02472-O-2001

PO-1161-AD

G.C. de Tráfico

Construcciones Hns. Magdaleno, S.L.

A Serra do Ponente Darbo, 48,

36940 Cangas

Pontevedra

Circular transportando materiais de construcción (pedras, ladrillos, etc), carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado.

7-8-2001; 11:30:00; PO-320; 6

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990150,25 euros

PO-02546-O-2001

PO-7879-BT

G.C. de Tráfico

María Aurora González Martínez

Avda. de Dolla, 11-3º C,

36690 Arcade (Soutomaior)

Pontevedra

Circular transportando peixe, cunha autorizacion de transportes co prazo de validez vencido. Servicio privado.

10-8-2001; 8:45:00; N-525; 292

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990150,25 euros

PO-02714-O-2001

PO-5978-AF

G.C. de Tráfico

Neisfema, S.L.

Don Ramiro, 14, Lalín

Pontevedra

Circular transportando materiais de reparación de instalacións eléctricas, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

27-8-2001; 18:00:00; N-525; 297

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990150,25 euros

PO-03061-O-2001

OR-5967-T

G.C. de Tráfico

José Luis da Silva Estévez

Pura y Dora Vázquez, 6-1º B

32002 Ourense

Circular transportando (carretilla, mantas, útiles de traballo) carecendo da correspondente autorización administrativa de transportes. Servicio privado complementario.

28-9-2001; 09:25:00; N-550; 159

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990150,25 euros