Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. rúa Caracas, s/n.
Situación: Arteixo.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 516 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 m/m Al, que parte da L.M.T.S. entre os centros de transformación Santiago de Compostela e travesía de Meicende e final no C.T. rúa de Caracas, nº 92-94. Concello de Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 18 de abril de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña