Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (88/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 88/2002, seguidos por instancia de Concepción Ceriz Iglesias, contra Confecnor, S.A. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 26-4-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Concepción Ceriz Iglesias, declaro a nulidade do seu despedimento e tendo en conta que a empresa está pechada sen actividade, sendo imposible a readmisión, declaro extinguida a relación laboral no día da data, condenando a empresa Confecnor, S.A., a aboarlle a demandante a cantidade de 17.763,26 euros en concepto de indemnización por despedimento e 2.814,93 euros como salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a da presente resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecnor, S.A. expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado