Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.323

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (962/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 962/2001, seguidos por instancia de Miguel Carro Suárez contra Tero Lago, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25-4-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Miguel Carro Suárez contra la empresa Tero Lago, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 881,53 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tero Lago, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado