Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.956

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (180/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o nº 180/2002 por instancia de Isidoro Salgueiro Giadas, contra a empresa Construcciones Drua, S.L., intervindo o Fogasa, sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 26 de abril de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 180/2002, seguidos por instancia de Isidoro Salgueiro Giadas, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Meréns, contra a empresa Construcciones Drua, S.L., que non compareceu nos autos, e Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Isidoro Salgueiro Giadas, intervindo o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Construcciones Drua, S.L., condenando a demandada a que no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentencia, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 254,10 euros máis, en ámbolos casos, ó aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, que ascende a 33,88 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo

de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Construcciones Drua, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 26 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado