Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.957

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (880/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 80/2001 por instancia de José M. García Varela contra Jesús Vicente Rial y Otra C.B. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 24-4-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda formulada por José Manuel García Varela contra a empresa Jesús Vicente Rial y Otra C.B., condénoa a aboa-la cantidade de 778,86 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Jesús Vicente Rial y Otra C.B., expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA