Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2002, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración de cámaras dixitais e demais equipamento complementario.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por proposta da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, convoca o seguinte concurso público aberto, conforme o disposto na Lei de contratos das administracións públicas e demais lexislación concordante.

Obxecto do contrato:

O obxecto da contratación é a subministración de cámaras dixitais e demais equipamento complementario para a unidade de fotografía da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

A adxudicación da subministración obxecto deste contrato farase en 3 lotes, podendo ser adxudicados individualmente a empresas distintas. O orzamento máximo de licitación para cada lote será o seguinte:

Lote 1: cámaras dixitais: 27.000 euros.

Lote 2: ordenador portátil e tarxetas memoria: 4.400 euros.

Lote 3: fotocopiadora en cor: 9.060 euros.

Total: 40.460 euros.

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación de cada lote.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.

-Clasificación e categoría: non se esixe.

Presentación de ofertas:

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data de publicación desta resolución e rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en día inhábil, o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día seguinte hábil.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán as súas ofertas en dous sobres pechados (A e B) e irán xunto cos documentos previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: a documentación que hai que presentar entregarase no rexistro xeral da

Xunta de Galicia ou no da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos (San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, segundo o Real decreto 1528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formalizarase conforme o modelo que se xunta como anexo II (modelo de proposición) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación na sala desta secretaría xeral, sita na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, ás 13 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os documentos de interese para os licitadores, tanto o prego de cláusulas administrativas particulares como o de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, sita nas dependencias do Pazo de Raxoi ou no edificio administrativo de San Caetano. Teléfono de aclaracións: 981 54 12 05.

Anuncios:

O custo do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2002.

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións cos Medios

Informativos