Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.956

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (147/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

Nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 147/2002, por instancia de Rosa María Juncal Vilela, contra a empresa Rediscarta Galicia, S.L., sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 25 de abril de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 147/2002, seguidos por instancia de Rosa María Juncal Vilela, maior de idade, asistida polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra a empresa Rediscarta Galicia, S.L., que non compareceu en autos, sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Rosa María Juncal Vilela, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Rediscarta Galicia, S.L. e extinguida a relación laboral entre as partes, condenando a empresa a que lle aboe á demandante a cantidade de 593,36 euros en concepto de indemnización, máis 981,15 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten

aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Rediscarta Galicia, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 26 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado