Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (756/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

Nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 756/2001 Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. sobre cantidade, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 24 de abril de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 756/2001, seguidos por instancia de Jesús Quintela Martínez, maior de idade, asistido polo graduado social Manuel Ángel Calviño Santos, contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Jesús Quintela Martínez, contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 6.094,90 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros do 10%.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunicándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta

sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberto no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Aplicacións Tecnológicas de Telecomunaciones, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 24 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado