Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (873/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos 873/2001 seguidos por instancia de Julio Álvarez Quintana e outro, contra Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. sobre salarios, la maxistrada-xuíza deste xulgado, Milagritos Belso Sempere,

dictou sentencia con data do 19-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Aceptando a demanda interposta por Julio Álvarez Quintana e Alberto Docampo Rojo, contra a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que lles aboe ós demandantes as seguintes cantidades: a Julio Álvarez Quintana 645,29 euros e a Alberto Docampo Rojo 740,74 euros, coa absolución do fondo de garantía salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle puidese corresponder.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en rúa Juan Montes, nº 32, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 19 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado