Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (849/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos 849/2001 seguidos por instancia de Isabel Vázquez Cibreiro contra a empresa Bupan 2000 sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Milagritos Belso Sempere, dictou sentencia con data do 16-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Aceptando a demanda interposta por Isabel Vázquez Cibreiro contra a empresa Bupan 2000, debo condenar e condeno a dita demandada a que lle aboe á parte demandante a suma de 356,94 euros, máis os xuros por demora do 10 por 100 do debido, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle puidese corresponder.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Bupan 2000, que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Vicente de Paúl, nº 17 baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 19 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado