Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.954

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (908/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos 908/2001, seguidos por instancia de Mutua Gallega contra Maruxo Construcciones e outros, sobre accidente, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Milagritos Belso Sempere, dictou sentencia, na data 9-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Aceptando a demanda interposta pola Mutua Gallega a Accidentes de Trabajo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a empresa Maruxo Construcciones, S.L., a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial, debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa Maruxo Construcciones, S.L., no aboamento da prestación recoñecida a Agustín Agulleiro Casais, condenando os ditos demandados a estar e pasar por tal declaración e a dita empresa codemandada a que aboe á Mutua Gallega a cantidade de 8.204.185 pesetas (49.308,14 euros), declarando a responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na

conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 150,25 euros, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales, non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Maruxo Construcciones, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Mallou s/n Carnota, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 9 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado