Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e modificación de artigos do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vista a acta da revisión salarial e modificación de artigos do convenio colectivo para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, con nº de código 3600215, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-4-2002, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial da Madeira (Asema) e pola Asociación Provincial de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada (Afcm), e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 10-4-2002. De conformidade co disposto no artigo 26 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso

de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de carpintería,

ebanistería e actividades afíns da provincia

de Pontevedra-2002

Asistentes:

-CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

J. Carlos Varela Pérez.

Bautista Peón Pérez.

Manuel Losada Jardón.

-CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Juan Carlos Bugarín López.

Carlos Tielas Bernardino.

Gabriel Piñeiro Lomba.

Alberto Corral Villar.

-UGT:

Lourdes Diz Lorenzo.

Ramón Carrera Molares.

José Mª Carrera Gándara.

Cándido Fdez. Fdez.

Antonio Abreu Moreira.

Juan A. Gil Álvarez.

José Carlos Rodríguez del Río.

Cristóbal Sánchez López.

-Representación empresarial:

Enrique Cameselle Taboada. Asema.

Pablo González López. Asema.

Félix Rodríguez Regueiro. Afcm.

Jaime Fernández Arrabal. Asema.

Pablo Gómez González. Asema.

-Secretario de actas:

José Manuel Oubel Villanueva.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dez trinta horas do día dez de abril de dous mil dous, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de traballo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, para revisa-los artigos que correspondan do citado convenio, con vixencia ata o ano 2003.

Os artigos que hai que revisar son os que a continuación se relacionan, e quedarían coa seguinte redacción:

«Artigo 18º.-Días festivos.

1. Para os efectos de distribución e axuste da xornada anual, con vixencia para o ano 2002, considéranse como non laborables e retribuídos os días 18 de marzo, 26 de xullo, 16 de agosto, 24 e 31 de decembro.

2. Nos concellos onde a festividade local coincida cun día laborable ou festivo de convenio, trasladarase ó día inmediatamente seguinte. Para o ano 2002, nos concellos que se relacionan, tamén serán festivos de convenio os seguintes:

O día 19 de agosto en Arbo, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Mondariz, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O día 29 de xullo en Covelo.

2. Os días de descanso retribuído, establecidos no punto 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes».

«Artigo 25º.-Salarios.

1. Todo o persoal afectado por este convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa, incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

Os aumentos concedidos por este convenio absorberán os que, por imperativo legal, se impuxesen posteriormente durante a vixencia del.

Os cocneptos económicos terán eficacia ós oito días da sinatura do convenio.

2. Incremento para o ano 2002. Aplicarase un 3,25% sobre a táboa salarial vixente o 31-12-2001, restándolle a compensación pola antigüidade.

3. Incremento para o ano 2003. Aplicarase un 1% máis que a previsión do Goberno para o ano 2003, sobre a retribución total o 31-12-2002».

«Artigo 26º.-Revisión salarial.

1. Ano 2002. No suposto de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2002 un incremento respecto ó 1 de xaneiro, superior ó 3,25%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A dita revisión servirá só para os efectos de base de cálculo para as táboas salariais do ano 2003.

2. Ano 2003. No suposto de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2003 un incremento respecto ó 1 de xaneiro, superior á porcentaxe do incremento salarial pactado para o ano 2003, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A dita revisión servirá só para os efectos de base de cálculo para as táboas salariais do ano 2004.

3. Se, tendo en conta o establecido no punto anterior, operase unha revisión salarial, a comisión pari

taria deberá reunirse necesariamente dentro dos 15 días seguintes ó da data na que se coñezan os datos oficiais, co obxecto de cuantifica-lo dito exceso e proceder á elaboración da nova táboa salarial».

«Artigo 31º.-Gastos de locomoción.

1. Cando, por necesidades da empresa, un traballador se teña que desprazar desde o centro de traballo normal ou habitual a outros lugares distintos, a empresa proverá o medio de transporte axeitado. No caso de que se utilice un servicio público colectivo, o seu custo será por conta da empresa.

2. Se a empreas e o traballador conviñesen en utiliza-lo vehículo deste, aquela deberá dar obrigatoriamente por escrito a autorización pertinente, aboándolle a cantidade establecida en cada momento.

3. O prezo do quilómetro para o ano 2002 establécese en 0,19 A».

«Artigo 32º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que, por necesidades da empresa e por orde do empresario, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernoitas na súa residencia habitual, terán dereito as seguintes axudas de custo:

-Axuda de custos completa por pernoita: 43,44 A.

-Axuda de custos completa: 26,06 A.

-Media axuda de custos: 12,41 A.

2. Se, por circunstancias excepcionais, os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación por parte do traballador.

3. Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non lles aboará ningunha cantidade por estes conceptos ós traballadores».

«Artigo 33º.-Desgaste de ferramentas.

A empresa que non lles entregue ós seus productores as ferramentas necesarias para os seus traballos, pagarán en compensación do desgaste delas 1,18 A por cada día de traballo».

ANEXO I

Táboa de salarios 2002

Salario

base

Compensac.

antigüidade

Retribución

total

-Persoal de taller
Encargado xeral, xefe de taller790,2345,08835,31
Encargado de sección, de producción786,0945,08831,17
Oficial preparador-trazador780,7145,08825,79
Oficial de 1ª771,6545,08816,73
Oficial de 2ª756,6245,08801,70
Axudante748,0345,08793,11
Peón730,1145,08775,19

-Persoal administrativo e técnico
Xefe de oficina, de oficina técnica, analista programador

897,60

45,08

942,68

Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador

802,03

45,08

847,11

Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador

756,62

45,08

801,70

Auxiliar administrativo, telefonista746,2045,08791,28

Valor hora extra 2002

-Persoal de taller:

Encargado xeral, xefe de taller: 11,53.

Encargado de sección e de producción: 11,47.

Oficial preparador-trazador: 11,40.

Oficial de 1ª: 11,27.

Oficial de 2ª: 11,06.

Axudante: 10,94.

Peón: 10,69.

-Persoal administrativo e técnico:

Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas: 13,03.

Oficial de 1ª, delineante técnico especialista: 11,70.

Oficial de 2ª, delinante técnico especialista, operador: 11,06.

Auxiliar administrativo, telefonista: 10,92.

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a José Manuel Oubel Villanueva para levar a cabo as xestións necesarias. Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás trece horas do día arriba indicado.