De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.
O interesado poderá presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. De non interpoñelo advírteselle que deberá ingresa-lo importe da sanción na conta aberta en Caixa Galicia, a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobramento de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación. De non facelo dentro deste prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Ourense, 29 de abril de 2002.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial do Instituto Galego
da Vivenda e Solo
ANEXO
Expediente nº E.S. OU-30/01.
Presunto responsable: Fidel Rodríguez Penelas.
Último enderezo coñecido: Díaz de la Banda, nº 22, bl. C, b-D.32004 Ourense.
Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial da que é titular a domicilio habitual e permanente.
Infracción: grave (artigo 5º.c) da Lei 13/1996).
Sanción proposta: 1.502,53 euros.