Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Por resolución da alcadía do 22-4-2002, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización na Espiñeira, San Cosme de Barreiros, promovido por Xestur Lugo, S.A. e que desenvolve o Plan parcial aprobado polo Pleno o 26-2-2002.

En cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública durante un mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG, para exame e alegacións; transcorrido o dito prazo, e de non terse formulado ningunha, entenderase automaticamente elevado a definitivo.

Barreiros, 23 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado