Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CEDULA do 25 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-29/01, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

A interesada poderá presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. De non interpoñelo advírteselle que deberá ingresa-lo importe da sanción na conta aberta en Caixa Galicia, a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobramento de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación. De non facelo dentro deste prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 25 de abril de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-29/01.

Presunto responsable: Ana María González Cid.

Último enderezo coñecido: Avda. de Marín, nº 25, 2ºA. 32001 Ourense.

Feitos imputados: realización de obras na v.p.o sen a preceptiva autorización da Administración.

Infracción: grave (artigo 5º e) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 601,02 euros.