Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.894

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (490/2001).

Cristóbal Pintado González, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo 490/2001-M, por instancia de José Manuel Naya Martínez e Margarita Becerra Gende, representados polo procurador Ramón Blanco Fernández, contra José Manuel Enríquez Enríquez, Amalia Arias Galindo, Genoveva Aparicio Castellanos, Gustavo Mourelle García, herdeiros de Gonzalo Cabo de la Sierra e herdeiros de Manuel Cortón Cedrón, e nestes autos, por resolución do día da data, se acordou notificarlles ós herdeiros do demandado falecido Manuel Cortón Cedrón, por edictos, a sentencia co encabezamento e a decisión seguintes:

«Sentencia.

Na Coruña, 25 de marzo de 2002.

Pablo González-Carreró Fojón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove dos da Coruña, viu estes autos de xuízo ordinario número 490/2001-M, sobre validez de contrato de compravenda e dereito de propiedade, promovidos polo procurador Ramón Blanco Fernández, en nome e representación de José Manuel Naya Martínez, DNI 76317158 e Margarita Becerra Gende, DNI 76333093, con domicilio na rúa Arquitecto Rey Pedreira, 4, 6º C, da Coruña, contra José Manuel Enríquez Enríquez, con domicilio na rúa Eira da Concha nº 25, Coruxo de Abaixo-Liáns, contra Amalia Arias Galindo, con igual domicilio, en situación procesual de rebeldía, contra Genoveva Aparicio Castellanos, DNI 10122792, con domicilio na rúa do Sol, número 20, 11º C, da Coruña, contra herdeiros de Gonzalo Cabo de la Sierra, representados ambos polo procurador Javier Garaizábal García de los Reyes, contra Gustavo Mourelle García, DNI 32245007, con domicilio na rúa Alcalde Lens, nº 25, 3º dta. desta cidade, representado

pola procuradora Marta Díaz Amor, e contra os herdeiros de Manuel Cortón Cedrón, en situación procesual de rebeldía, recaeu esta resolución con base nos seguintes:

Resolvo que estimo a demanda deducida polo procurador Ramón Blanco Fernández, en nome e representación de José Manuel Naya Martínez e Margarita Becerra Gende, contra José Manuel Enríquez Enríquez e Amalia Arias Galindo, en situación procesual de rebeldía, Genoveva Aparicio Castellanos e Genoveva Blanca Cabo Aparicio, representadas polo procurador Javier Garaizábal García de los Reyes, Gustavo Mourelle García, representado pola procuradora Marta Díaz Amor, e os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Cortón Cedrón, en situación procesual de rebeldía, e declaro que os demandantes, José Manuel Naya Martínez e Margarita Becerra

Gende, son propietarios en pleno dominio, polo seu título de compravenda e con carácter ganancial do seu matrimonio, da vivenda sita no piso sexto esquerda, letra C, da casa nº 37 da rúa Marquesa de Cavalcanti (hoxe Arquitecto Rey Pedreira, nº 4) desta cidade, edificio Manuela Cedrón, porque llela transmitiron os que no Rexistro da Propiedade figuran como propietarios de pleno dominio dela (predio 61.367, libro 1.031, folio 85, Rexistro da Propiedade nº 1).

Coa certificación desta sentencia, unha vez firme, os demandantes poderanlle solicitar ó Rexistro da Propiedade a inscrición do seu dereito, sen prexuízo do cal os vendedores, José Manuel Enríquez Enríquez, Amalia Arias Galindo, Genoveva Aparicio Castellanos, Genoveva Blanca Cabo Aparicio, esta como herdeira única do falecido Gonzalo Cabo de la Sierra, e os herdeiros de Manuel Cortón Cedrón, outorgarán a correspondente escritura pública da compravenda se así o esixisen os compradores demandantes en execución desta sentencia.

Impóñolles a Manuel Enríquez Enríquez e á súa dona Amalia Arias Galindo unha quinta parte das custas causadas nesta instancia, e outra quinta parte ós herdeiros de Manuel Cortón Cedrón. Non fago especial imposición a ningunha das demais partes das custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no BOP e para que lles sirva de notificación ós herdeiros do demandado Manuel Cortón Cedrón, expídese este edicto na Coruña o 11 de abril de 2002.

O maxistrado xuíz

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA