Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.894

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (28/2002).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas núme

ro 28/2002, por ameazas, nos que recaeu sentencia que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 12 de abril de 2002.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 28/2002, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes a denunciante María Paz Harguindey Pérez e os denunciados Pascual Ángel Lamas Magdalena, Ramón Vera Hons e Leopoldo Fernández Martínez.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Pascual Ángel Lamas Magdalena, Ramón Vera Hons e Leopoldo Fernández Martínez da falta de ameazas e insultos pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación ós denunciados Pascual Ángel Lamas Magdalena, Ramón Vera Hons e Leopoldo Fernández Martínez, todos eles en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, doce de abril de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado