Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.895

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificacion de sentencia (870/2001).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariño, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 870/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de José Rivas Midón, contra José L. Landa e José R. Mayo, S.C. en reclamación de despedimento, dictouse, con data do 7 de marzo de 2002, sentencia, que ten a decisión xudicial do teor literal seguinte:

«Que debo estima-la demanda interposta por José Rivás Midón contra a empresa José Luis Sanda e José R. Mayo, S.C. declarando o despedimento do actor como improcedente e condenando a empresa a readmiti-lo traballador nas mesmas condicións que

rexían ó se produci-lo despedimento, ou por elección da empresa, a que lle aboe unha indemnización de 125.568 pesetas, 754,68 euros, e a suma de 582.000 pesetas, 3.497,89 euros, en concepto de salarios de tramitación, así como os salarios que se poidan devengar desde a data desta sentencia ata a da súa notificación a razón dun haber diario de 5.820 pesetas, 34,98 euros.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia.

E para que lle sirva de notificación de sentencia a José Rivas Midon, con domicilio na r/ Alexandro Bóveda, 13-4º C, hoxe en paradoiro descoñecido, fáiselle saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá anunciarse no prazo de cinco días.

E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o 15 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado