Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.895

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (1/2001).

Nos autos que se seguen neste xulgado co número arriba indicado, sobre cantidade, por instancia de Eva Forneas Braña, dictouse resolución do seguinte teor literal:

«Santiago de Compostela, quince de abril de dous mil dous.

Dada conta recibido o anterior informe procedente do Rexistro Mercantil da Coruña, únase ós autos da súa razón.

Visto o informe emitido polo Rexistro Mercantil da Coruña e o informe emitido pola Policía Local de Santiago de Compostela sen que ningún dos dous ache novos datos sobre o paradoiro da empresa demandada Construnor Area, S.L., e ignorándose o seu paradoiro acórdase cita-la devandita empresa a través do DOG, sinálase para que teñan lugar os actos de conciliación e o xuízo o vindeiro día 26 de xuño de 2002 ás 9.30 horas da mañá, e que se celebrará na sala de audiencia deste xulgado, sita no piso primeiro do Pazo de Xustiza, sito na rúa Viena, s/n, desta cidade cos mesmos apercibimentos e requirimentos que no sinalamento. Cítese en legal forma a parte actora e a demandada Construnor Area, S.L., a través do DOG. Advírtaselles ás partes que: a) Poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, comparecencia perante este xulgado ou perante o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; b) A celebración

do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin por enfermidades destas nin dos seus representantes ou defensores, podendo estes substituí-la representación ou defensa consonte as leis; c) Terase por desistido o demandante se non comparece; d) Os litigantes ou quen os represente deberá acudir con tódolos medios de proba de que tenten valerse; e e) O demandado que tente valerse de avogado, graduado social ou procurador deberá poñelo en coñecemento deste xulgado por escrito dentro das 48 horas seguintes á citación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de 5 días perante este mesmo xulgado.

Acórdao, mándao e asínao Súa Señoría do que dou fe».

E para que se publique no DOG e lle sirva de notificación, citación e requirimento a Construnor Area, S.L., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado