Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.896

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (671/2001).

Nos autos que se seguen neste xulgado co número arriba indicado, sobre prestación, por instancia de Cristina Alvite Vázquez, dictouse resolución do seguinte teor literal:

«Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Visto o estado que manteñen estas actuacións e segundo o acordado en acta de xuízo de data 15 de abril de 2002, sinálase para que teñan lugar os actos de conciliación e o xuízo o vindeiro día 8 de xullo de 2002 ás 11.10 horas da mañá, e que se celebrará na sala de audiencia deste xulgado, sita no piso primeiro do Pazo de Xustiza, sito na rúa Viena, s/n, desta cidade. Cítese o demandado Aarón Sande, S.L., a través do DOG, por se ignora-lo seu paradoiro, advertíndolle que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado. Advírtaselles ás partes que: a) Poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante designado mediante poder bastante, comparecencia perante este xulgado ou perante o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; b) A celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin por enfermidades destas nin dos seus representantes ou defensores, podendo estes

substituí-la representación ou defensa consonte as leis; c) Terase por desistido o demandante se non comparece; d) Os litigantes ou quen os represente deberán acudir con tódolos medios de proba

de que tenten valerse; e e) O demandado que tente valerse de avogado, graduado social ou procurador deberá poñelo en coñecemento deste xulgado por escrito dentro das 48 horas seguintes á citación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de 5 días perante este mesmo xulgado.

Mándao e asínao Súa Señoría do que dou fe».

E para que se publique no DOG e lle sirva de notificación, citación e requirimento a Aarón Sande, S.L., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 16 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA