Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se somete á información pública o Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago de Compostela, Ames e Teo, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2002.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión con data do 2 de maio de 2002, declara-lo Plan da Rede Viaria de Santiago de Compostela, Ames e Teo como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da citada lei e no artigo 13.2º do decreto dictado en aplicación desta, sométese a información pública o Plan da Rede Viaria de Santiago de Compostela, Ames e Teo, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan examinalo, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña e nos concellos de Santiago

de Compostela, Ames e Teo, e presentar ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas