Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.893

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002 pola que se declara deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a da Escola Infantil Breogán desta universidade.

Por resolución rectoral, do 26 de febreiro de 2002, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a da Escola Infantil Breogán desta universidade.

Unha vez realizados os trámites regulamentarios e comprobado que non existe ningún aspirante, o rector, no uso das atribucións conferidas no artigo 20 da Lei orgánica de universidades, resolve:

Declarar deserta a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a da Escola Infantil Breogán desta universidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º.a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela