Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.741

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (79/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 79/2002, por instancia de Paola Díez Salvador contra as empresas Telsat e Insistel sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda promovida por Paola Díez Salvador contra a empresa Telsat (Telec. Servicios Avanzados Teléfonica, S.L.), la empresa Insistel (Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L.) y el Fondo de Garantía Salarial debo declarar y declaro improcedente o despedimento efectuado contado desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ó aboamento da cantidade de 763,34 euros en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución que no día de hoxe ascenden á suma de 2.554,89 euros.

Así, por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior se Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de emprendelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que no momento de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría no

momento de interpoñer-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse este depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa, expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de abril de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado