Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.741

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (93/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 93/2002, seguidos por instancia de Julio Sánchez Botana contra CEGAPE, S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza substituta deste xulgado, Milagritos Evangelina Belso Sempere, dictou sentencia, na data do 2 de abril de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que aceptando en parte a demanda interposta por Julio Sánchez Botana, contra a empresa CEGAPE, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando á dita demandada a que, no prazo de cinco días, opte pola readmisión do demandante no seu posto de traballo, ou o indemnice na suma de 184,49 euros, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación da presente resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación á empresa CEGAPE, S.L., que tivo o seu último domicilio coñecido en avenida Buenos Aires, 5-6, 1º A da Coruña, e

que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado