Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.740

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (483/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 483/2001 seguidos pola instancia de María Jesús Cotelo Esmorís contra empresas ECSA Cocinas, S.L. e Establecimientos ECSA, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data do 17-12-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que aceptando en parte a demanda interposta por María Jesús Cotelo Esmorís, contra as empresas ECSA Cocinas, S.L. e Establecimientos ECSA, S.L., debo condenar e condeno as ditas demandadas a que aboen conxunta e solidariamente á demandante a suma de 190.845 pesetas, coa absolución dos interventores xudiciais da suspensión de pagamentos, así como do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle puidera corresponder a este último.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que

deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación ás empresas ECSA Cocinas, S.L. e Establecimientos ECSA, S.L. que tiveron o seu último domicilio coñecido na rúa Desiderio Varela, 5, Carballo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado